Saltar ao contido

Xirasol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

O xirasol (pl. xirasoles) (Helianthus annuus) é unha planta herbácea cuxa flor ten unha cabeza tipicamente grande que roda para mirar o sol. Algunhas variedades desenvolvidas recentemente teñen cabezas decaídas. Estas variedades son menos atractivas para os xardineiros que crían as flores como ornamentos, mais atractivos para os granxeiros, porque poden reducir os danos producidos polos paxaros e as perdas por enfermidades vexetais. En galego tamén recibe os nomes de mirasol, catasol e tornasol.

As cabezas, que son na actualidade flores compostas, crecen habitualmente nun talo que pode ser de varios metros e que ten poucas follas. Os pétalos poden ser amarelos, marróns, laranxas e doutras cores.

O xirasol é nativo de América, e foi cultivado cara ao 1000 a. C. Desde aí, os españois exportárono a Europa ao principio do século XVI.

O xirasol contén até un 58% de aceite no seu froito ou aquenio. O aceite de xirasol utilízase para cociñar, aínda que non ten as características cardiosaludábeis do aceite de oliva. Tamén serve para producir biodiésel. As cascas e demais restos que quedan unha vez que se procesaron as sementes para o aceite, utilízanse nalgunhas ocasións como alimento para a gandaría.

As propias sementes véndense normalmente como aperitivo e como alimento para os paxaros.

Cultivo

Campo de xirasoles.

A época de sementeira para o cultivo de sequeiro é a comprendida entre o 15 de xuño e o 20 de xullo. A sementeira débese realizar en filas separadas a 0,70 m, cunha densidade de sementeira de catro plantas por metro linear.

É un cultivo pouco exixente no tipo de solo, aínda que prefire os arxilo-areosos e ricos en materia orgánica, mais é esencial que o solo teña unha boa drenaxe e a capa freática se encontre a pouca profundidade.

A xerminación das sementes de xirasol depende da temperatura e da humidade do solo, sendo a temperatura media de 5 °C durante 24 horas.

A profundidade de sementeiras realízase en función da temperatura, humidade e tipo de solo.

  • En zonas húmidas con primaveras cálidas con solos pesados e húmidos, a profundidade de sementeiras é de 5 a 6 centímetros.
  • En zonas con primaveras secas con solos lixeiros e pouca humidade, a profundidade de sementeira é de 7 a 9 centímetros.
  • Se o terreo é lixeiro e brando a profundidade da sementeira é maior, ao contrario do que ocorre se o solo é pesado

As plantas que proceden de sementeiras superficiais xermolan e florecen antes que as procedentes de sementeiras profundas.

Aspecto xeral.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.