Saltar ao contido

Cestodos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de abril de 2021 ás 10:11 por Miguelferig (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Os Cestodos[1] (Cestoda) son unha clase de vermes planos con simetría bilateral pertencentes ao filo dos platihelmintos e que ten como principal característica o feito de ser parasitos internos de vertebrados formados por numerosos segmentos chamados proglotes. Os adultos carecen de epiderme e cilios externos e teñen o corpo recuberto dunha cutícula.

Teñen uns órganos de fixación en forma de garfo ou ventosa que se atopan na rexión anterior do corpo chamada escólex. Este continúa cun colo do que sae o estróbilo que é onde están as proglotes, que nos últimos segmentos poden estar cargadas de ovos.

Non teñen sistema circulatorio nin dixestivo. Aliméntanse por absorción directa de materiais que se atopan non intestino dos vertebrados que parasitan.

Son hermafroditas, presentando ciclos vitais complexos con varios hóspedes. As formas larvais chámanse cisticercos, cenuros ou hidátides.

Hai descritas unhas 5.000 especies. É moi coñecido un xénero de cestodos chamado Taenia (tenia) que causa unha enfermidade parasitaria nos humanos chamada teníase, producida unicamente por dúas especies Taenia saginata e Taenia solium.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cestodos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.