Ernesto X. González Seoane
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (61/62 anos) O Porto do Barqueiro, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - Doutor en filosofía (–1992) Universidade de Santiago de Compostela - Licenciatura (1980–1985) |
Director de tese | Manuel González González |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, investigador |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela (1990–) |
Membro de | |
Ernesto Xosé González Seoane, nado no Porto do Barqueiro (Mañón) en 1962, é un lingüista galego, foi director do Instituto da Lingua Galega e membro correspondente da Real Academia Galega dende 2004[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1985 licenciouse en filoloxía hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1992 doutorouse coa tese A ortografía e a gramática do galego nos estudios gramaticais do s. XIX e primeiros anos do XX, coa que logrou o premio extraordinario de doutoramento. Profesor e máis tarde catedrático do departamento de filoloxía galega da USC, foi decano da facultade de filoloxía (2004-2012). Dirixiu o Dicionario de dicionarios do galego medieval e editou obras de Castelao e Ramón Otero Pedrayo. Entre 2013[2] e 2018 dirixiu o Instituto da Lingua Galega.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Membros corespondentes da RAG
- ↑ "Ernesto González Seoane: «A situación do idioma galego é manifestamente mellorable»", La Voz de Galicia, 26 de marzo de 2013